ASÍ SE FIXO GALICIA 2010
O Proxecto Galicia 2010 xorde a instancia do Presidente da Xunta de Galicia, quen entendeu conveniente ós intereses de Galicia o desenvolvemento dun estudio que, no indicado referente temporal, contemplase os aspectos esenciais da realidade socioeconómica galega para promover a acción económica, social e cultural da Comunidade Autónoma.
O Presidente da
Xunta de Galicia é pois, o promotor primeiro do Proxecto, se ben o día da
presentación xa manifestou publicamente a súa vontade de manterse totalmente
afastado do desenvolvemento e execución do mesmo.
Esa iniciativa foi
trasladada ós representantes de Caixa Galicia, Caixanova, e Banco Pastor,
entidades que, a prol de Galicia, decidiron acoller conxuntamente a invitación
formulada, unirse baixo o nome de Asociación Proxecto de Investigación Galicia
2010 e financiar o custo final do Proxecto. Estas entidades, perfilaron a
estructura e a definición dos trece relatorios, nomearon os seus Presidentes en
atención a criterios de prestixio persoal, intelectual, profesional e
empresarial, e designaron tamén o Director do Proxecto.
Director
José Mª Gómez y
Díaz-Castroverde foi o director do Proxecto Galicia 2010. A súa designación
levouse a cabo no entendemento de que as súas condicións persoais e
profesionais (Maxistrado e Conselleiro do Consello Consultivo de Galicia)
aseguraban obxectividade, neutralidade e respecto ós pareceres emitidos nos
relatorios, textos e conclusións do Proxecto.
Presidentes
De acordo cos
criterios antes expostos e conscientes de que tamén concorrían noutras
personalidades, a designación das entidades financeiras promotoras recaeu en:
D. Álvaro Rodríguez Bereijo
D. Carlos Casares Mouriño
Dña. Mª José Rodríguez Galdo
D. Alfonso Castro Beiras
D. Roberto Tojeiro Díaz
D. Francisco Cal Pardo
D. José Mª Castellano Ríos
D. Guillermo de la Dehesa Romero
D. Manuel Gómez Álvarez
D. Enrique López Veiga
D. Victoriano Reinoso y Reino
D. José B.
Terceiro Lomba
Todos eles con
acreditada capacidade para conformar e liderar un grupo de traballo.
No Proxecto
participaron máis de 160 persoas, seleccionadas persoal e libremente polos
Presidentes, baixo a premisa de que a súa designación implicaba ó igual que a
daqueles, involucrarse nun traballo desinteresado e solidario.
No marco de
liberdade do Proxecto, os relatorios non tiveron un patrón uniforme de traballo,
se ben en gran medida, fóronse desenvolvendo a partir dun guión confeccionado
polo Presidente de cada grupo e supervisado polo Director, que debía ter en
conta a posición de Galicia dentro do Estado, no contexto comunitario e na órbita
mundial.
Agás no caso de
Estatuto e Institucións, que se conformou polas achegas individuais dos seus
membros, o mecanismo de traballo foi un proceso reflexivo a través de sucesivas
reunións de posta en común e coordinación, concentrado nun texto no que o
relator recolleu o parecer colectivo e unánime do relatorio.
O enlace entre as
entidades promotoras e a Dirección do Proxecto efectuouse a través dun Comité
no que tiveron presencia un representante de cada unha delas. Así, o Banco
Pastor estivo representado por José A. Naya Rodríguez, Caixanova por José Luís
Pego Alonso, e Caixa Galicia por José Manuel Touriñán López.
Presentacion
Dende o mes de
xaneiro de 2000 comezou a funcionar o que dentro do Proxecto coñecemos como
"Oficina do 2010", que albergou en Santiago de Compostela a sede da
Asociación e reunía a un pequeno equipo de colaboradores seleccionados polo
Director. Esta Oficina ocupouse da posta en marcha da Asociación e impulsou a
promoción de Galicia 2010 como Proxecto plural, independente e solidario,
constituíndo durante o seu transcurso, a canle habitual de comunicación entre
a Dirección e os distintos grupos de traballo.
Así mesmo foi o
punto de encontro entre a Dirección do Proxecto e o Comité Executivo da
Asociación.
A relación directa
cos relatores de cada un dos relatorios e a execución dos particulares de cada
un deles estivo a cargo do Secretario Executivo do Proxecto, Juan Ramón Rojo de
Castro, avogado, quen tamén ostentou a condición de Jefe do Servicio Xurídico
da Asociación.
A área de xestión
do Proxecto foi desenvolvida por Lucía López Loureiro.
Na área económica
interveu Manuel Blanco Losada.
Baixo a dependencia
do Secretario Executivo do Proxecto traballaron no mesmo:
Mª José Fábregas Valcarce como documentalista do Proxecto.
María Bargados Bargados e Azos, responsables da traducción de textos.
José Antonio Gómez
García que coordinou a súa execución orzamentaria.
A empresa Sopin S.L ocupouse dos labores de implementación informática.
A fotografía
correspondeu a Juan Rodríguez e a Pepe Ferrín.
A maquetación e
deseño do libro Galicia 2010 estivo a cargo da empresa J.L Teófilo Comunicación,
o máximo responsable da cal, José Luís Teófilo Piñeiro foi o executor das
directrices en orde á imaxe externa do Proxecto.
O deseño editorial
foi obxecto de especial atención, nomeadamente no que se refire á configuración
da portada do libro, obxecto dun longo proceso de evolución ata chegar á
finalmente seleccionada. Neste proceso contouse coa colaboración de Elena
Monteoliva Díaz.
O Proxecto Galicia
2010 será coñecido polo contido dos diferentes relatorios plasmado no libro.
Non obstante, a súa imaxe externa tamén é coñecida polo logotipo elaborado
por Tomás Arrojo. Ó igual que na capa do libro, baralláronse diferentes
alternativas, ata chegar á finalmente elixida.
Presentación
O Proxecto Galicia
2010 foi presentado exclusivamente ante os medios de comunicación o día 23 de
marzo de 2000, se ben se mantivo aberto e transparente a toda a sociedade
mediante a web www. galicia 2010.com .
Os seus promotores
pensaron que na Galicia do 2000, dez anos era o referente temporal mínimo dunha
sociedade para establecer unhas pautas de actuación nun horizonte de futuro.
No curto período de oito meses e cun grande esforzo por parte de todos, lograron organizarse os diferentes grupos de traballo, celebráronse numerosísimas reunións e dispúxose o necesario para a entrega dos relatorios (16 de outubro de 2000), fotografías, maquetación, últimas correccións e impresión dos textos, ata chegar á presentación pública do libro Galicia 2010 o día 11 de decembro de 2000 no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. (Santiago de Compostela). O Proxecto é xa unha realidade.