VI. PERSPECTIVA XURÍDICA DO COOPERATIVISMO AGRARIO

    Na actualidade coexisten en España dez leis cooperativas, e dado que a totalidade das Comunidades Autónomas xa asumiron a competencia lexislativa este número podería incrementarse nun futuro.

 

 

 

 

 

 

 

 

   Especialmente sorprendente é este dato obxectivo se o comparamos con outros estados de longuísima tradición cooperativa como Alemaña que a pesar da súa estructura como República Federal ten para o seu territorio unha única regulación, ou como o

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

    Reino Unido cunha lei xeral, que é aplicable a todo o territorio, é a súa “Industrial and Provident Societies Act”.

    O que se cuestiona é se convén á seguridade xurídica e ó tráfico empresarial esta diversidade lexislativa. É máis, adiantamos que de non resolverse no marco da Unión Europea a cuestión, apostamos polo máximo desenvolvemento lexislativo na nosa Comunidade Autónoma.

    Falta unha inspiración comunitaria en materia cooperativa. A pesar de que estas son consideradas sociedades no art. 58.1º do Tratado de Roma, constitutivo da CEE, o certo é que non se produce neste campo a harmonización que para as mercantís se inicia en 1968, a través das mal chamadas Directivas comunitarias.

    Da mesma forma que non só non estraña senón que parece o máis adecuado á nosa realidade europea que unha sociedade anónima holandesa e unha española teñan un regulamento practicamente idéntico, sorprende que nun ámbito tan importante como o cooperativo coexista unha auténtica multitude normativa, acrecentada en España como sinalabamos anteriormente, e que mesmo pode producir lagoas legais como a de que no momento actual non existe normativa aplicable a unha fusión entre cooperativas suxeitas a normas autonómicas distintas.

    Neste punto cabe falar do proxecto de regulamento da Sociedade Cooperativa Europea. Este xorde ó mesmo tempo que o proxecto de Sociedade Anónima Europea tras conceder a ambas unha natureza xurídica nova e “europea”. E, por certo, preséntanse como “regulamentos” comunitarios (directamente aplicables ós estados membros sen necesidade de transposición nacional) non baseándose no artigo 235 do Tratado Constitutivo (posibilidade de facer uso dos regulamentos para asegurar os fins do tratado ante as “cláusulas non previstas”) senón baseándose no art. 100, A), é dicir a capacidade comunitaria para regular directamente aquelas materias que requira a consecución do mercado único.

    Con este espírito publicouse no Diario Oficial das Comunidades Europeas, de 21 de abril de 1992, o proxecto de regulamento do Estatuto da Sociedade Cooperativa Europea e o 31 de agosto de 1993 no mesmo Diario a Proposta modificada coas enmendas aceptadas. Non podemos descoñecer que, incomprensiblemente dito proxecto (en diante PRSCE) non cristalizase no pertinente Regulamento, nin esquecemos que o seu destino é o das “Cooperativas europeas” e non o das nacionais de cada Estado membro, pero consideramos este Proxecto unha ferramenta de traballo perfectamente válida para a harmonización desexable nos próximos anos, e algunhas das previsións do seu articulado mencionaranse posteriormente entre as cuestións que entendemos poderían introducirse en próximos cambios lexislativos.

- Posibles cambios na normativa galega.

    No suposto de que esta desexable harmonización non se producise a curto ou medio prazo á innegable que Galicia ten a capacidade lexislativa suficiente para dotarse dos instrumentos máis adecuados para o desenvolvemento da fórmula cooperativa.

    A nosa lexislación debe adaptarse nos próximos anos a estas tendencias. De feito a Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, foi tributaria da Lei 3/1987 e non recolleu os avances que a nova Lei Xeral do ano 1999, só uns meses despois realizou nesta liña. E así apuntamos as seguintes prioridades:

• Respecto á concentración cooperativa.

    A realidade europea amosa un cooperativismo integrado en fortes grupos. Significativamente cabe sinalar como o volume medio de negocio dunha cooperativa agraria sueca é de 26.862 millóns de pesetas, en Holanda é de 14.546 millóns de pesetas, e en España de 236.

   Parece necesario unha reforma lexislativa que permita unha maior facilidade para estes procesos, tanto os de fusión pura como os de fusión por absorción. Na nosa Lei 5/1998 o procedemento non só é complicado, senón que só prevé a fusión entre cooperativas e ademais entre cooperativas galegas. O non ter pensado na posibilidade legal de que unha cooperativa se fusione, por ex., cunha sociedade anónima obedece tanto ó paternalismo que teme a desaparición da cooperativa depredada pola mercantil como a considerar utópico o fenómeno contrario. Afortunadamente a situación do cooperativismo galego permite demandar instrumentos polos cales estas entidades poidan absorber a sociedades mercantís, facendo uso así dos beneficios fiscais que para as fusións se prevé no Imposto sobre Sociedades. 

• Recursos financeiros.

    Como apuntabamos a imprescindible capitalización das cooperativas require de novas fórmulas imaxinativas que contemplen primordialmente a incorporación de capital alleo ás mesmas, partindo da base de que estas sociedades teñen vedado o acceso ó mercado de valores.

    O PRSCE xa na súa exposición de motivos refire que “as cooperativas poden tamén ter unha porcentaxe determinada de socios inversores non usuarios ou de terceiros que se benefician da súa actividade ou realizan traballos por conta da cooperativa” e no seu artigo 49 prevé as participacións sen dereito a voto de persoas alleas á cooperativa.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   O artigo 53 da Lei 27/1999, xeral de cooperativas, prevé unhas interesantes “participacións especiais”.

    En aras á capitalización das cooperativas conviría que a regra actual, art. 37 da Lei 5/1998, de maiorías para adoptar o acordo de impoñer novas achegas obrigatorias se invertise; isto é: sería necesario tan só a maioría de votos presentes e representados da Asemblea salvo que os Estatutos sociais establecesen a de dous tercios de ditos votos.

• Flexibilidade da lexislación cooperativa.

    A mayoría das leis autonómicas manifestan a ampla autonomía de vontade que conceden, ofrecendo a lei “un marco de flexibilidade, onde as propias cooperativas poden entrar a autorregularse”, e establece os principios que, con carácter xeral, deben ser aplicados na súa actuación, fuxindo do carácter regulamentista que en moitos aspectos, dificulta a actividade societaria. Pero estas declaracións de principio non adoitan corresponderse coa realidade dos feitos.

CONCLUSIÓNS

1. A poboación Galega caracterízase por estar sufrindo un proceso de envellecemento e pola irregular distribución xeográfica. A parte oriental de Galicia estase a despoboar, os mozos vanse cara ós centros urbanos quedando nas zonas rurais adultos e anciáns.  Este fenómeno non ha ser necesariamente negativo xa que no primeiro trimestre do ano 2000 España tiña o 2,8% da poboación activa nova (menor de 25 anos) no campo mentres que en Galicia era o 4,1%. Esta é a tendencia que ha de seguirse coa converxencia na Comunidade Económica Europea.

2. O marco externo influirá de maneira importante na agricultura Galega dos vindeiros anos.  A liberalización e a globalización dos mercados e o descenso das subvencións, afectarán de xeito importante ó sector agrario.  Vexamos os principios polos que se vai rexer a agricultura europea nos próximos anos.

a) No ámbito europeo é fundamental o mantemento das transferencias de rendas que compensen as desigualdades entre os estados e entre as rexións. A Unión Europea necesita máis ca nunca esa Política Común para facer fronte ás forzas centrífugas que a ameazan. Abordar os problemas dos mercados e os territorios, o da cohesión social e o medio ambiente debe facerse en común dende o presuposto comunitario.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

b) O sector agrícola segue a ter como primeira meta xerar alimentos suficientes para atender as necesidades da poboación europea a prezos cada vez máis competitivos. Mantense pola U.E. o compromiso de axudar ós agricultores mediante pagos directos para garantir as súas rendas. Os excedentes que se envían ó mercado mundial serán máis competitivos a estes prezos máis baixos.

c) Os agricultores teñen que seguir nunha batalla permanente pola competitividade, producindo cada vez a prezos máis baratos e garantindo a seguridade e a calidade dos seus productos; para iso porán en xogo métodos de producción cada vez máis inocuos para o medio ambiente e as consideracións referentes ó benestar dos animais.

d) Os responsables da UE. son conscientes da necesidade dunha profunda simplificación das normas que rexen a política comunitaria así como unha descentralización da aplicación das políticas, deixando unha maior marxe de actuación ós Estados Membros e ás rexións.

e) A ampliación da Comunidade coa entrada de novos países, os coñecidos co nome dos “pecos” (países da Europa Central e Oriental).

f) Nos próximos anos é de esperar unha intensificación de cultivos para xerar combustibles (enerxía verde), e utilizar residuos gandeiros e forestais para producir enerxías alternativas.

g) Desenvolvemento do medio rural a través da diversificación

- Crear un sector agrícola e forestal máis forte.

- Mellorar a competitividade das zonas rurais.

- Conservar o medio ambiente e preservar o patrimonio rural europeo.

    As medidas de promoción do medio ambiente son a única parte obrigatoria da nova xeración de programas de desenvolvemento rural.  Un elemento clave na estratexia da Unión Europea para o desenvolvemento rural é involucrar a poboación local na busca das solucións ós seus problemas locais. Os plans LEADER, PRODER e similares, utilizan fondos estructurais e son o instrumento axeitado para o desenvolvemento rural.

3. Para poder aumentar os niveis de producción, rendemento e rendibilidade en Galicia, debe de existir un apoio institucional á mellora das explotacións para facelas máis competitivas e incrementar o seu tamaño.  Tamén se debe de fomentar e apoiar a concentración das industrias para superar o elevado grao de atomización das mesmas. Esta circunstancia causa a imposibilidade de obter economías de escala, debilidade financeira, e situacións de inferioridade nas negociacións coa distribución...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

4. Deben incrementarse as iniciativas que promovan o trasvase de activos do sector primario ó sector servicios. A porcentaxe de activos no sector agrario galego é do (20%), e tenderá a reducirse ata uns niveis próximos á media española (8%). No sector servicios a ocupación en Galicia era en 1998 do 52% mentres que en España era do 61%.

5. O sector agrario Galego ten que profesionalizarse para facer fronte á competitividade e a globalización. A profesionalización debe desenvolverse a través de ciclos de formación profesional e de grao medio que preparen os traballadores do sector agrícola. Da rede educativa deben saír capataces agrícolas, técnicos agrarios en explotacións agrícolas, profesionais de administración de empresas agroalimentarias do máis alto nivel. Desta forma daríanse pasos para conseguir dous obxectivos fundamentais para a economía agraria Galega a profesionalización do emprego agrario e a promoción dos mozos no campo.

6. Para erradicar o minifundismo Galego debe lexislarse sobre terras abandonadas e incentivar a concentración das mesmas a través da concentración parcelaria ou outras fórmulas.  Esta política debería de acompañarse dun banco de terras que garanta a explotación de todas aquelas concentracións parcelarias que non se traballen, mediante arrendamentos ou outro tipo de acordo con agricultores que as fagan productivas.

7. Dende a Administración deben crearse plans de desenvolvemento comarcal para todo o territorio galego, enfocando estes plans cara ós puntos fortes de cada unha das mesmas, previo estudio das súas potencialidades. Englobado nun contexto xeral de Galicia.

8. Os cultivos agrarios en Galicia teñen que se modernizar e deixar atrás moitas das obsoletas prácticas que se realizan na actualidade.  Galicia debe empezar a industrializar e comercializar os seus productos agrícolas e non simplemente a producir materias primas para que outras empresas de fóra da rexión realicen as actividades con maior valor engadido.  En Galicia téñense que transformar as materias primas en alimentos para o consumidor.

9. O medio ambiente tamén condicionará de forma decisiva á agricultura xa que a poboación dos países desenvolvidos demanda, cada vez máis, o mantemento do medio ambiente. O benestar animal, os refugallos animais e a utilización de productos químicos son temas de preocupación para os grupos ecoloxistas e a sociedade en xeral. O sector agrícola debe buscar un equilibrio entre a salvagarda do medio ambiente e a producción rendible de alimentos para o consumo humano.  Nas zonas de maior concentración gandeira da Comunidade Autónoma cómpre fomentar a instalación de plantas de tratamento de residuos gandeiros.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

10. Débense fomentar as iniciativas agroindustriais mediante a dotación de instrumentos financeiros específicos e a través de sociedades de capital risco.  Estas sociedades de capital risco poderán ser de capital público ou privado e rexeranse por criterios propios do sector.

11. A biotecnoloxía marcará o futuro agrogandeiro a nivel mundial en canto que proporciona melloras productivas, medioambientais e benestar social en xeral. Galicia non debe permanecer á marxe da evolución en biotecnoloxía.

12. O subsector de vacún de leite deberá continuar a súa importante reestructuración para ser competitivo tanto no ámbito nacional coma internacional. Haberase de elevar a cota media das explotacións ata a media europea e para iso aumentarase a dimensión das mesmas. Os productores han de se integrar coa industria a través de cooperativas para que participen do valor engadido da industrialización e transformación das materias primas

13. O sector do vacún de carne en Galicia debe potenciar a denominación específica “Tenreira Galega” así como incrementar o cebo de razas como a frisona que hoxe saen fóra da nosa comunidade, aproveitando así o conseguinte valor engadido. Ademais, crear outras marcas para poder comercializarlas coa garantía de todas aquelas carnes que se producen en Galicia. A concentración dos matadeiros fará máis competitivo este sector,  e a integración do productor cos centros de sacrificio e transformación traerá máis beneficios ó gandeiro.

14. Para alcanzar o nivel europeo, o sector porcino debe modernizar e dimensionar explotacións, e a nivel industrial alcanzar maior grao de transformación de productos cárnicos orientado á comercialización non só ó mercado nacional senón tamén a mercados naturais, como Portugal. O productor e a industria han de integrarse para conseguir maiores beneficios coa reducción de custos, mellora da calidade e maior valor engadido. Neste sector o aspecto medioambiental é prioritario.  Hai que promover a construcción de plantas de transformación e eliminación de zurros.

15. A producción de ovos en Galicia debe seguir a tendencia europea. A diversificación con productos de maior carácter ecolóxico como son as produccións campeiras é a fórmula para que Galicia poida competir neste mercado en Europa. Sendo esta a liña emprendida polos países da comunidade europea nos últimos e próximos anos.

16. A producción de carne avícola en Galicia creceu a un ritmo constante dende a década de 1960. Os novos investimentos das grandes empresas avícolas galegas neste subsector lévannos a concluír que esta tendencia debe continuar nos próximos años. A producción de carne avícola diversificarase a outras aves (pato, faisán, pularda..), as cales, gañarán cota de mercado no ámbito rexional e nacional.

17. Ata o momento actual, o sector cunícola Galego tivo moita menos importancia que os de bovino, porcino e avicultura. A producción de coellos durante os anos noventa aumentou cerca dun 140%.  Hase de fomentar a integración de productores e facelos partícipes da industria e o transformado. Estimular o consumo ata alcanzar os niveis doutras comunidades (Cataluña, etc.), con campañas de publicidade. Traballar na busca dunha xenética adaptada ás condicións climáticas de Galicia, (Convenios con centros de investigación, etc.), e abrirse a outros mercados nacionais en colaboración con outras empresas do sector para chegar co producto fresco e rápido ós grandes distribuidores.

18. Para que os productores agrícolas e gandeiros Galegos poidan continuar creciendo, débense adaptar ás condicións reinantes nos mercados internacionais. Galicia debe producir pensando nos mercados internacionais e non tan só nos rexionais ou nacionais.

19. Para que os productos gandeiros sexan competitivos a nivel internacional deberanse abaratar os custos. Nos productos gandeiros a alimentación supón máis do 60% do seu custo, polo que será necesario investir en infraestructuras en xeral e portuarias en particular, xa que en Galicia a maior parte das materias primas que se consumen na alimentación animal proceden da importación, porque Galicia é deficitaria en materias primas e se encontra afastada das zonas cerealistas.

20. O sector agroindustrial da nosa Comunidade Autónoma debe investir en investigación e desenvolvemento, principalmente en novos productos, novos procesos productivos, e novas presentacións dos alimentos potenciando os parques tecnolóxicos e dándolles a orientación que o sector empresarial demanda. Galicia atópase moi afastada das cifras de investimento en I+D do resto de España, de Europa e dos países desenvolvidos.

21. Nos próximos anos a importancia da mercadotecnia no sector agrícola aumentará enormemente. A venda dos alimentos realizarase maioritariamente nas grandes superficies cunha gran variedade de productos.  Hoxe, cinco empresas de distribución controlan ó redor do 50% do mercado nacional. É por isto extremadamente importante para os productos agrícolas Galegos o seu posicionamiento, diferenciación, imaxe e recoñecemento da alta calidade que representan.

22. No aspecto lexislativo parece conveniente unha harmonización das diversas normas cooperativas, harmonización que no noso marco xurídico actual só parece recomendable a través das Directivas europeas tal como se fixo para as sociedades mercantís. Recuperaríase así o espírito do Proxecto de Regulamento do Estatuto da Sociedade Cooperativa Europea publicado no DOCE de 21 de Abril de 1992. En todo caso as leis cooperativas deberán dotar a este tipo de sociedades novas de imaxinativas fórmulas xurídicas de financiamento así como facilitar as súas concentracións e fusións empresariais e concederlles, cada día máis, unhas maiores posibilidades de autorregulamento.

REFLEXIÓN FINAL SOBRE A GALICIA DO 2010

    Ante a converxencia de Galicia coa Unión Europea e á súa vez coa globalización dos mercados, para o ano 2010 temos que acadar unha Galicia cunha poboación activa que en sector agrario se pareza -en porcentaxe, idade, e cualificación- á dos países da UE e que esta nova xeración lidere, cos apoios institucionais precisos, a evolución que faga posible esta converxencia en competitividade en tódalas ordes que o sector agroalimentario demanda.