II.- A CONFIGURACIÓN SECTORIAL. ANÁLISE INPUT-OUTPUT.2

    Con datos referidos ó ano 1998, da Encuesta Industrial de Empresas, elaborada polo INE, obtíñase a partir do importe neto da cifra de negocios, a distribución sectorial da industria galega, que figura no cadro 1.

    En canto á súa facturación e, á marxe da evolución seguida nos últimos anos, non cabe dúbida que os tres piares nos que asenta a industria nesta Comunidade Autónoma son: o sector enerxético, a alimentación e a fabricación de material de transporte. A pesar desta concentración a maioría das ramas, en maior ou menor medida, teñen certa significación na industria.

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   A última táboa input-output galega realizouse no ano 1990. Na actualidade estase a elaborar unha táboa correspondente ó ano 1998, pero aínda non está terminada e nin tan sequera se dispón de resultados provisionais. Por iso é obrigado referirmos a dez anos cara atrás cando o que se nos esixe é detectar as perspectivas de desenvolvemento e a problemática do sector industrial no horizonte do 2010. Será este, por tanto, un exercicio que nos permitirá definir os trazos estructurais básicos da economía coa presunción de que unha gran parte deles persisten ó final da década dos noventa.

Previamente e seguindo a Contabilidade Rexional de España (1990), no cadro seguinte amósase o peso de cada sector sobre o valor engadido total da economía galega e analízanse os coeficientes de especialización.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   Segundo esta fonte, o peso relativo na estructura productiva das industrias manufactureiras supón tan só o 14 por cento do valor engadido bruto en Galicia e, ó igual que ocorría en 1998, soamente os sectores Productos alimenticios, bebidas e tabacos e Material de transporte, presentan cifras relevantes de valor engadido. O sector Productos enerxéticos absorbe, por si só, a metade do peso que a industria manufactureira ten na xeración de valor engadido en Galicia, o 7,64%. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   A segunda columna do citado cadro mostra os coeficientes de especialización productiva dos diferentes sectores que configuran a economía galega con respecto á economía española. De entre varias formas posibles de definir os coeficientes de especialización elixiuse un cociente no que no numerador figura a porcentaxe de participación de cada sector no total galego (ou sexa a primeira columna do cadro) e no denominador esa mesma porcentaxe pero para o resto da economía española. É obvio que canto máis alto sexa o índice, maior é a especialización, polo que se acepta que se o índice é maior que un, Galicia estea especializada nesa actividade.

    As industrias manufactureiras galegas presentan valores dos coeficientes moi baixos, coa excepción, de novo, do sector de Productos alimenticios, bebidas e tabacos e o sector de Material de transporte, no que o grao de especialización relativa é substancial. Se existe unha especialización relativa na industria enerxética e extractiva.

   Os estudios de ligazóns ou encadeamentos son unha explotación moi divulgada dunha táboa input-output. A relación máis obvia é a directa, ou sexa, as dependencias de cada sector co resto na primeira fase da relación. Estas ligazóns son cara adiante e cara atrás. A ligazón cara adiante mídese pola porcentaxe de vendas interindustriais dun sector sobre o conxunto de vendas totais do mesmo. A ligazón cara atrás mídese pola porcentaxe das compras interindustriais sobre o total de producción do  sector. O resultado destas dúas ligazóns preséntase no cadro seguinte, de forma tal que se poida apreciar, a partir de ambas ligazóns, cales son os sectores clave dunha economía. No cadro obsérvase como a maior parte dos sectores industriais superan á media nas ligazóns cara atrás e practicamente ningún o fai nas ligazóns cara adiante.

    O exercicio anterior só ten en conta os vínculos directos entre sectores cando en realidade as distintas produccións intermedias que se xeran nas ramas de actividade non dependen en última instancia da producción de cada unha delas, senón que esta vén condicionada pola demanda de bens finais. Isto lévanos á elaboración dun modelo clásico input-output, os resultados do cal aplicados á economía galega se presentan no cadro 4.   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   Unha vez calculadas as ligazóns cara adiante e cara atrás é posible obter uns coeficientes relativos de arrastre, independentes do tamaño da rama e que nos permitirán detectar os sectores clave da economía. Estes son:

Claves (vínculos fortes cara adiante e cara atrás):

* Productos enerxéticos

* Productos metálicos; máquinas; material eléctrico.

* Material de transporte.

* Productos alimenticios, bebidas e tabaco

* Construcción

* Recuperación e reparación. Comercio.

* Servicio de hostalería e restaurantes.

* Servicios non destinados á venda.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Líderes (vínculos fortes cara atrás e débiles cara adiante):

Ningún

Básico (vinculos fortes cara adiante e débiles cara atrás):

* Productos da agricultura, a silvicultura e a pesca.

Independentes (vínculos débiles cara adiante e cara atrás):

* Minerais e metais férreos e non férreos.

* Minerais e productos non metálicos.

* Productos químicos.

* Productos téxtiles e vestidos.

* Coiros, artículos de coiro e pel, calzados

* Pasta, papel e derivados.

* Productos de industrias diversas.

* Servicios de transportes e comunicacións.

* Servicios de institucións de crédito e seguros.

* Outros servicios destinados á venda.

    O criterio de nivel e intensidade de ligazóns interindustriais utilizarase máis adiante, xunto a outros, para a caracterización sectorial.


2 Este epígrafe redactouse seguindo unha parte do traballo realizado por Melchor Fernández Fernández e Manuel Fernández Grela (2000): “Comparación das estructuras productivas de Galicia e a Rexión Norte. Unha análise a partir das táboas Input - Output”. Colección: Monografías. Serie: Documentos de Economía. CIEF. Fundación Caixa Galicia.